Os grupos municipais do concello de Poio acordaron por unanimidade adherirse á convocatoria de #EmerxenciaFeminista, promovida por numerosas organizacións de mulleres de Galicia, en repulsa contra os asasinatos de mulleres e a violencia machista, e convoca para o venres 20 de setembro ás 21:00 horas fronte o Casal de Ferreirós unha concentración de repulsa, e convida ás persoas asistentes a acudir con pano ou cinta violeta, roupa negra ou violeta, lanternas, ou celofán violeta no flash do móbil.

A corporación municipal fai un pronunciamento público contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres, contra a normalización da mesma, e contra a apatía e a indiferenza.

O Concello de Poio no seu conxunto posiciónase contra todas aquelas medidas, campañas e mensaxes que contribúan a xustificar a violencia de xénero, que promovan a súa minusvaloración ou o cuestionamento das ferramentas normativas das que nos temos dotado para combatela.

Non podemos permitir que teñan un espazo de poder quen non recoñece a violencia de xénero como un problema social, contra o que hai que loitar sen descanso dende todas as instancias: iso é terrorismo de estado.

#EmerxenciaFeminista | CONCENTRACIÓN
20 de setembro | 21:00 horas | Casal de Ferreirós

Vindeiros Eventos

Sen eventos