O Concello de Poio, xunto coa Policía Local e a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, súmanse á celebración da Semana Europea da Mobilidade 2019, promovendo en colaboración con Poio Bike, Club Ciclista Triatlón Poio, CEIPS,  IES de Poio e a Federación Galega de Ciclismo o programa E ti, como te moves?  PROGRAMA PDF

Dentro e fóra do horario lectivo, daranse charlas sobre o mantemento e condución dos devanditos vehículos, seguridade pasiva e sensibilización en relación co accidente de tráfico, finalizando con distintas rutas polo municipio, o lema de 2019 é “E ti, como te moves?”.

OBXECTIVOS DA CAMPAÑA

Fomentar as practicas saúdables. Un exemplo é  a " Ruta da Memoria" na que traballamos a promoción cultural do noso municipio  a través dunha ruta de senderismo.

Establecer rutas seguras e fomentar o uso adecuado da bicicleta nos desprazamentos.  Coa implacación do tecido deportivo elaboramos a ruta de  "Móvete seguro". Non só imos facer deporte senón tamén promover bos hábitos  e rutas seguras .

A implicación directa das nosas crianzas é un obxetivo clave para concienciar a futuras xeracións. Intervir co profesorado e alunnado axudaranos a promover os bos hábitos dende a escola.

Este ano incluimos un concurso" ESCOLLE O TEU LEMA" dirixido a todo alunnado de 5º e 6º de primaria dos CEIPS de Poio. Para que eles sean os reponsabeis de elexir o lema da campaña de mobilidade do 2020.

 É unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche nas zonas máis urbanas así como de dar alternativas nas zonas máis rurais, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé, realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes. Incentivar os camiños escolares seguros e concenciar ao alunnado de Poio  no uso dos mesmos sendo as crianzas o motor de implicación na proposta de cambios.

 

PROGRAMA

LUNS 16 SETEMBRO - CHARLA TALLER
Información e difusión das actividades nos Centros de Educación Infantil e Primaria e no Instituto de Ensinanza secundaria Fontenla por parte do profesorado.

MARTES 17 SETEMBRO - CHARLA TALLER
Información e difusión das actividades nos Centros de Educación Infantil e Primaria e no Instituto de Ensinanza secundaria Fontenla por parte do profesorado.

MERCORES 18 SETEMBRO - CHARLA TALLER
Información e difusión das actividades nos Centros de Educación Infantil e Primaria e no Instituto de Ensinanza secundaria Fontenla por parte do profesorado.

XOVES 19 SETEMBRO  - TALLER EDUCACIÓN VIARIA
De 16:00 a 20:00 horas
Para nenos de Educación Primaria
Instalación de circuíto en A Seca

VENRES 20 SETEMBRO - TALLER EDUCACIÓN VIARIA
De 16:00 a 20:00 horas
Para nenos de Educación Primaria
Instalación de circuíto en A Seca

SÁBADO 21 - “PONTE A CONDUCIR” -> INSCRICION ONLINE
De 9:00 a 13:00
Todas as idades.
Prácticas de peatón, bicicleta y kart.
Curso básico de Primeros Auxilios
Concurso de Dibujo.
Exhibición de Vehículos de Emerxencias

SÁBADO 21 - RUTA “MÓVETE SEGURO”
Saída en bicicleta (Concello de Poio)
Saída ás 11:00 dende Casa do Concello.
Entrega de obxequio.

DOMINGO 22 - ANDAINA “RUTA DA MEMORIA”
Saída do Parque da Memoria ás 11:00

Vindeiros Eventos

12 Out 2019
09:00 AM - 12:00AM
Torneo 4x4 Ortoberfest
12 Out 2019
09:00 AM - 12:00AM
Torneo 4x4 Ortoberfest
12 Out 2019
09:00 AM - 12:00AM
Torneo 4x4 Ortoberfest
12 Out 2019
09:00 AM - 12:00AM
Torneo 4x4 Ortoberfest
12 Out 2019
09:00 AM - 12:00AM
Torneo 4x4 Ortoberfest