A Policía Local de Poio e a Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, como ven sendo costume en todas as festividades municipais de grande envergadura, dispón dun dispositivo de seguridade e tráfico nas redes sociais do Concello, onde, de xeito sinxelo e interactivo poderemos coñecer as zonas de aparcamento e os accesos ó recinto onde esta fin de semana se desenrolarán as actividade da XXXII Festa da Ameixa.

A circulación estará pechada nas inmediacións da Praza da Granxa, excepto para residentes, polo acceso dende a farmacia ata a Rúa Foguetería, e dende a Rúa Pedro Soto Couselo ata a Praza da Granxa o tráfico pecharase de xeito total.

O tráfico poderá acceder a Campelo tanto dende a Avda. Beiramar xirando pola Rúa Padre Avelino en sentido único de baixada ó peirao, e pola zona de Anafáns, o acceso será pola Rúa Pedro Soto Couselo, desviándose o tráfico na Rúa Foguetería.

Habilitaronse tres aparcamentos nas inmediacións do recinto, na Rúa Foguetería, Rúa Pedro Soto Couselo e no Peirao de Campelo, de xeito que a cidadanía poida achegarse ós festexos cómodamente.

A restricción de tráfico afecta dende o venres ás 9:00 da mañá ata o domingo as 00:00. Vaise habilitar unha zona de estacionamento para persoas con mobilidade reducida preto da Praza da Granxa. Se houbese algunha dúbida ou incidencia, poden chamar á Policía Local ó número 689575495.

Vindeiros Eventos

15 Set 2019
10:30 AM -
Romaría na Renda
15 Set 2019
12:00 PM -
XXXII Festa da Ameixa
23 Set 2019
12:00 PM -
Festas da Merced