O Concello de Poio ven colaborando dende fai anos, incluso en épocas de crise, coas distintas entidades na realización de un amplo abano de eventos no noso municipio, sendo algúns exemplos as festas patronais, parroquiais, ou de carácter gastronómico ou cultural.

Nestes últimos anos, o Concello de Poio dou cobertura a todos os eventos de nova creación, así como todos os que se viñan celebrando, sendo un dos seus patrocinadores principais. Dado o importante crecemento que xurde do tecido asociativo, rexistrando máis de medio centenar de eventos anuais. Compre dar un paso de calidade e proceder a crear unhas bases onde todas as entidades poidan acceder e así proceder a un reparto o máis equitativo posible. Este procedemento responde a o crecemento e transformación do tecido asociativo do noso concello. Algúns dos exemplos son as festas patronais ou parroquiais que veñen aumentando a súa programación e iso supón unha maior inversión por parte do Concello como por exemplo:a Festa de San Gregorio de Raxó cun axuda por parte do Concello de 6.905 euros, A Festa de Fátima en Campelo con 4.838,80 euros, A Festa de San Salvador con 6.115,50 euros, San Xosé Pereiro con 1.936 euros, San Antón de Samieira con 3.571 euros (datos que figuran a día de hoxe na contabilidade do concello).

Tamén podemos fmencionar as festas de outra índole sendo algúns exemplos: a Festa do Choco cunha axuda de 7.656.06 euros e Manuel Villanueva con 7.065,68 euros (datos que figuran a día de hoxe na contabilidade do concello).
Antes de finalizar o ano se convocaran ás diferentes entidades para explicar o devandito procedemento.


Dende o Concello de Poio agradecemos a aptitude altruísta e desinteresada das entidades e asociacións que ano a ano traballan para seguir dando contido á programación cultural e festiva e garantindo así un Concello vivo.

Vindeiros Eventos

15 Set 2019
10:30 AM -
Romaría na Renda
15 Set 2019
12:00 PM -
XXXII Festa da Ameixa
23 Set 2019
12:00 PM -
Festas da Merced