Este San Xoán 2019 imos desfrutar na nosa vila dunha das nosas tradicións con máis arraigo. E para que non haxa sobresaltos, imos ter en conta algunhas recomendacións para a tranquilidade de todas e todos cunhas recomendacións explícitas para realizar as FOGUEIRAS DE SAN XOÁN no noso municipio ás 00:00 h da noite do 23 ao 24 de xuño por tratarse dunha festa local de arraigada tradición cultural:

    1. Por mor da seguridade non fagan moreas dunha altura elevada.

    2. Non fagan a fogueira preto de lugares con vexetación.

    3. Con exceso de vento non prendan a fogueira.

    4. Eviten usar nas fogueiras materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis...)

    5. Procuren ter auga preto para actuar ante posibles escapes.

    6. Non utilicen na fogueira materias contaminantes (neumáticos, aerosois...)

    7. Deixen a fogueira completamente apagada antes de marchar.

    8. Lembre que en caso de ter problemas debe chamar ó 085 ou 112 ( a chamada é gratuíta).

 Ademais, de acordo a lexislación vixente, atenderase ao seguinte:

  • Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunca franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

  • Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.

  • Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

  • En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco que supoñen este tipo de queimas para a seguridade e a saúde do persoal que as leva a cabo, en ningún caso se poderán realizar individualmente, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo.

Do mesmo xeito, e para facilitar a asistencia a tódas as celebracións e actividades, disponse un Plan de Tráfico con zonas de aparcamento nas inmediacións de A Seca. [VER MAPA]

Vindeiros Eventos

15 Set 2019
10:30 AM -
Romaría na Renda
15 Set 2019
12:00 PM -
XXXII Festa da Ameixa
23 Set 2019
12:00 PM -
Festas da Merced