A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convoca o “Espazo Concilia”; un espazo socioeducativo de lecer e de apoio á infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade. Ao longo do verán traballarase cos cativos e cativas arredor da igualdade, a corresponsabilidade e a prevención da violencia a través de diversos talleres.

O número de prazas ofertado é de 35. Poden solicitar a participación no “Espazo Concilia” os/as nenos/as que no momento de presentarem a solicitude teñan os 3 anos cumpridos e non superen os 12 anos.

A ludoteca desenvolverase nas instalacións da Casa Rosada, sita no Centro de Servizos Sociais do Concello, entre o 3 de xullo ó 6 de setembro, de luns a venres, en horario de 08.30 a 14.30 horas.

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 24 de maio e rematará o día 3 de xuño.

Máis Información: Bases Convocatoria Espazo Concilia 2019

Tel.: 986 770 001 Ext. 1400 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vindeiros Eventos

15 Nov 2019
06:00 PM -
Magosto - Casa Rosada
16 Nov 2019
08:00 PM -
Magosto - San Salvador
16 Nov 2019
08:30 PM -
Magosto - A Seca
16 Nov 2019
10:00 PM -
Magosto - Vilariño
17 Nov 2019
06:00 PM -
Magosto - Sartal