Poderán participar todos os grupos, asociacións, colectivos, centros escolares etc. que formalicen a súa inscrición nas oficinas municipais desde o LUNS 22 de abril ao VENRES 26 de abril antes das 14:00 horas.

Un membro de cada un dos colectivos participantes deberá asistir ás reunións que para o efecto sexan convocadas polo Concello de Poio.

No momento da inscrición deberán presentar once copias das coplas e na instancia facer constar nome, enderezo e teléfono de contacto / correo-e da persoa representante.

Polo feito de participar, cada maio recibirá dúas roscas e 200 euros.

Os maios participantes deberán estar instalados no recinto antes das 11:00 horas do día 1 de maio para a súa inspección polo xurado; aqueles participantes que non estean presentes antes da hora indicada quedarán descualificados.

A orde de actuación dos maios realizarase por sorteo nunha reunión cos representantes dos colectivos participantes.

A entrega de premios farase ao remate das actuacións, despois de que o xurado faga entrega do fallo do concurso, que será inapelable.

O Acto da Festa dos Maios terá a seguinte orde de actuación:

  • 1. ACTUACIÓN DOS MAIOS
  • 2. Actuación Música Tradicional
  • 3. ENTREGA DE PREMIOS

DO XURADO

O “xurado ” estará composto por dez persoas en representación proporcional das opcións políticas presentes na Comisión de Cultura, Educación e Deportes.

O sistema de puntuación será o seguinte para cada modalidade do concurso:

a) Cada membro do xurado deberá puntuar cada maio cunha nota do 1 ao 10.

b) a puntuación total será a obtida da división efectuada entre a suma do total puntuado e a suma do número de membros do xurado que puntúan en cada caso.

c) Non se contabilizará a “puntuación igual a cero”.

d) Non se contabilizará a “non puntuación”.

e) de producírense estes últimos casos, o número de membros do xurado que actúa como divisor minorará na mesma contía que a número de “non puntuacións” ou “puntuacións igual a cero”.

f) As puntuacións realizáranse nunha grella proporcionada para o efecto que será entregada á secretaria do xurado ao remate das actuacións de todos os maios concursantes.

 

CARACTERÍSTICAS

O xurado, para conceder os distintos premios, terá en conta as seguintes características:

a) O armazón non terá estrutura metálica aínda que se permiten os aros de barril.

b) Deberá estar atado con vimbias ou similar e non poderá levar rexinllas de plástico nin redes.

c) O emprego de produtos tradicionais na confección e armazón dos maios: fiúncho, laranxas, ovos de galiña, flores silvestres propias da zona e empregadas tradicionalmente nos maios, no seu estado natural.

d) O emprego de instrumentos de acompañamento típicos: palitroques ou entullos.

e) A calidade das coplas, que deberán ter a seguinte composición: estrofas de catro versos de 7 ou 8 sílabas, rimando a 2ª coa 4ª.

f) A entoación, o son do cantar e a actuación do conxunto.

g) Cada maio poderá participar cunha soa coroa, que deberá estar colocada cando menos durante a actuación do Maio.

h) A utilización dos materiais para confeccionar a estrutura da coroa será libre. O tamaño da coroa gardará proporción co maio, non podendo superalo en altura.

i) A decoración da estrutura da coroa será con flores e follas naturais, silvestres e da tempada.

i) Na actuación de cada maio serán interpretadas CATRO estrofas.

j) Só se aceptará a presentación dun barco por cada maio participante.

k) Os barcos deberán ser do tipo tradicional galego.

 

PREMIOS

Concederanse os seguintes premios por cada modalidade:

 

MELLOR CONXUNTO

MAIO

1º Premio: 220 euros

1º Premio: 150 euros

2º Premio: 180 euros

2º Premio: 120 euros

3º Premio: 150 euros

3º Premio: 100 euros

 

COPLAS

COROA

1º Premio: 150 euros

1º Premio: 150 euros

2º Premio: 120 euros

2º Premio: 120 euros

3º Premio: 100 euros

3º Premio: 100 euros

 

 

ACTUACIÓN

BARCO GALEGO TRADICIONAL

1º Premio: 150 euros

1º Premio: 150 euros

2º Premio: 120 euros

2º Premio: 120 euros

3º Premio: 100 euros

3º Premio: 100 euros

 

 

 

DISPOSICIÓN FINAL

A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases.

 

 

 

 

 

 

 En Poio, a 25 de MARZO de 2019

 

 

Vindeiros Eventos

Sen eventos