fbpx

O 31 de outubro de 2017 o Pleno do Concello de Poio acordou a proposta de solicitude da desafectación da Illa de Tambo, e deste xeito se puxo de manifesto a vontade política de inicio dos trámites para a súa desafectación e posterior transmisión da titularidade ao Concello de Poio. Para elo se propón a solicitude dos informe sobre a situación xurídica actual da Illa de Tambo ós Ministerios de Defensa, Economía e Facenda e Patrimonio Xeral do Estado sobor do estado actual e as posibilidades de desafectación.

Acordouse tamén o inicio dos trámites en fase de consulta para a creación formal da Comisión de Seguimento da situación da Illa de Tambo que terá unha composición interadministrativa formada polo Concello de Poio, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, diferentes asociacións culturais e veciñais, o Grupo de Acción Local da Pesca Ría de Pontevedra e os expertos ou entidades que así o soliciten.

Deste xeito, a illa de Tambo está cada día máis preto de poder ser disfrutada por toda a veciñanza xa que constará dun órgano que velará pola consecución deste obxectivo.

Acordo Pleno da Corporación do 31 de outubro de 2017

Anexo Acordo Pleno da Corporación do 31 de autubro de 2017