fbpx

Unha vez finalizadas as festas de Nadal, o programa Descubre Poio retoma neste mes de xaneiro a súa actividade. A concelleira de Turismo, Silvia Díaz (Avante Poio), informa do reinicio das sesións formativas impulsadas a través desta iniciativa, que están dirixidas a profesionais do sector da hostalería e restauración. Así, haberá un ciclo sobre habilidades de comunicación para negocios, que terá lugar no Casal de Ferreirós.  Ademais, está prevista tamén a convocatoria dunha reunión para abordar a creación do Mapa Turístico de Poio. Tal e como indica Díaz, a posta en marcha desta proposta é un dos grandes obxectivos do programa, xa que “aspira a converterse nunha ferramenta moi importante, a través da cal as persoas que visiten o noso municipio poderán obter información sobre servizos e punto de interese”.

Outro dos obradoiros formativos impulsados desde Descubre Poio será sobre a utilización das novas tecnoloxías no sector, que fará fincapé en cuestións como potenciar a imaxe de marca e acadar unha maior visibilidade e diferenciación en Internet.  Outro dos obradoiros formativos impulsados desde Descubre Poio, será sobre a utilización das novas tecnoloxías no sector, que fará fincapé en cuestións como potenciar a imaxe de marca e acadar unha maior visibilidade e diferenciación en Internet. Asemade, o 31 de xaneiro haberá unha reunión  co obxectivo de que “todas e todos os profesionais que estean interesados en participar acheguen as súas propostas e, deste xeito, sexamos quen de consolidar unha rede de colaboración”, explica Silvia Díaz.

A concelleira de Turismo lembra que a mediados de decembro tivo lugar un encontro moi similar, que resultou todo un éxito. Durante a cita abordáronse diferentes cuestións e suxestións “que poden axudar a impulsar novos proxectos e actuacións que redunden nunha maior consolidación da actividade do sector, especialmente máis alá do verán”. Así, nesa reunión propuxéronse temas como a creación de máis espazos de lecer para as crianzas, a organización de rutas turísticas especializadas ou a necesidade de potenciar a Illa de Tambo como recurso turístico unha vez pase a estar xestionada directamente polo Concello de Poio.

As persoas interesadas en anotarse nalgunha destas citas poderán facelo chamando ao 625120475 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Silvia Díaz agradece, unha vez máis, o “interese e compromiso do sector local”, que fan posible a posta en marcha de iniciativas como Descubre Poio. “As institucións públicas e as entidades privadas debemos ir da man para continuar consolidando ao noso municipio como un referente turístico”, conclúe a concelleira de Avante Poio.