fbpx

Logo da publicación no Boletín da Provincia das bases do Plan Músico – Cultural do Concello de Poio, impulsado pola Concellería de Cultura, xa está aberto o prazo para a petición de solicitudes, así como para a adhesión de grupos folclóricos e de música popular ao catálogo virtual. Esta iniciativa nace co obxectivo de facilitar e garantir o mantemento da actividade musical dos grupos locais nas programacións das festas do concello, ademais de axudar a dar visibilidade ao seu traballo, ao mesmo tempo que impulsa un catálogo virtual que se actualizará de xeito regular, modernizando, deste xeito, o proceso de inscricións.

O plan contempla un orzamento de 16.000 euros, que poderán ser solicitados por colectivos que figuren no Rexistro de Asociacións Municipal e Comisión de Festas, e que se destinarán á contratación de actuacións de agrupacións folclóricas e grupos e artistas de música tradicional. Os organizadores das celebracións poderán solicitar as axudas cunha antelación mínima de 20 días naturais previos á data da actuación que se desexe contratar. Ademais, deberán ser tamén os propios organizadores os que contacten cos colectivos que desexen contratar, a fin de concretar os detalles do concerto, tal e como se establece nas bases.

Tanto a tramitación de axudas como as solicitudes para formar parte do catálogo virtual realizaranse a través da Sede Electrónica do Concello de Poio.

Bases + Solicitude de Grupos para asociacións e comisións de festas

Bases + Solicitude de Inscrición no Catálogo Virtual de Agrupacións Folclóricas