fbpx

O prazo para a presentación de solicitudes de prendido de cacharelas de San Xoán permanecerá operativo ata o día 22. O Concello lembra que, debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, este ano as fogueiras quedarán exclusivamente limitadas ao ámbito privado, polo que non estarán permitidas en espazos públicos.

Entre os requisitos a cumprir, figuran tamén que o lume non supere os tres metros de altura e que o volume de combustible sexa inferior a oito metros. A separación con inmobles e edificacións deberá ser de 12 metros e queda prohibida queima de neumáticos, plásticos ou aceites, ademais do uso de líquidos inflamables.

A retirada de resto terá que completarse nun prazo máximo de 48 horas. A maiores, tamén se abre o prazo para que os profesionais da hostalería que o desexen presenten as súas solicitudes para a realización de barbacoas, que, ao igual cas cacharelas, se limitarán de xeito exclusivo a espazos privados. Neste caso, a separación deberá ser de catro metros e a limpeza terá que completarse antes das 10.00 horas do día 24. Lémbrase que as tramitacións para a obtención dos permisos pódense realizar vía telemática, a través da Sede Electrónica do Concello do Poio.

Instancia xeral | Instancia Hostalería