O Concello de Poio xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto que se rexerá polas senguintes bases:
1) Ámbito xeográfico:
- Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nuncentro educativo deste concello.
- De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfca sempre que secumpran as demais normas do concurso.
2) Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.
3) Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.
4) O tema será libre.
5) Os traballos deberán ser escritos en lingua galega.
6) As modalidades do concurso serán dúas:
- Relato curto ou conto.
- Poesía.
7) A extensión dos traballos será como máximo de tres folios por unha soa cara (para relatocurto ou conto) e dun folio por unha soa cara (para poesía). Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Ostraballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.
8) Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros:
- a) Concello de Poio: no Rexistro Municipal ou por correo certifcado (Praza do Mosteiro1, 36995, San Xoán de Poio).
- b) Centros educativos de Poio: CEIP Viñas, CEIP Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIPChancelas, CEIP Espedregada e no IES de Poio.
- c) Locais das Asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura:S.C.D. de Raxó; S.C.D. de Samieira; Ateneo Corredoira de Combarro; AsociaciónBoureante da Seara; Asociación Vides Novas de San Salvador.
9) Entregaranse dous sobres pechados. No interior do sobre 1 incluirase o traballo a presentar.No interior do sobre 2 incluiranse os datos persoais do participante (nome, idade, enderezo,teléfono, curso, centro). No exterior de ambos sobres deberá constar a idade, modalidade ecategoría (ver punto 12), así como o título do traballo.
10) O xurado estará formado por unha representación elixida para o efecto polo Consello Municipal de Cultura. O xurado determinará a necesidade de recorrer ao asesoramento detécnicos/as na materia. A presidencia de honra do xurado permanecerá vacante en lembranzade Don Xaime Illa Couto. O fallo do xurado será inapelable.
11) O Consello Municipal de Cultura resérvase o dereito de publicar e/ou facer o uso queconsidere oportuno dos traballos presentados.
12) As categorías son as seguintes:
- Categoría A: de 6 a 8 anos*.
- Categoría B: de 9 a 11 anos*.
- Categoría C: de 12 a 13 anos*.
- Categoría D: de 14 a 15 anos.*
- Categoría E : de 16 a 17 anos.*
- Categoría F: de 18 anos* en diante * Idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.
13) Os premios serán os seguintes:
- CATEGORÍAS A, B, C, D: diploma e premio de 70 euros por cada categoría emodalidade.
- CATEGORÍA E: diploma e premio de 90 euros, para cada modalidade.
- CATEGORÍA F: diploma e premio de 300 euros, para cada modalidade.
14) O prazo de entrega rematará o martes 20 de abril ás 14 horas.
15) O xurado fallará os premios o luns 10 de maio ás 20.30 horas.
16) O xurado poderá considerar deserto os premios do grupo F, no caso de que os traballospresentados non acaden unha calidade aceptable.
17) A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o día 17 de maiode 2021, ás 17.30 horas, no salón de actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).
18) A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.A presidenta do Consello Municipal de CulturaAsinado dixitalmente á marxe
A presidenta do Consello Municipal de Cultura