A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, ofrece á cidadanía durante o mes de decembro dez cursos gratuítos en habilidades dixitais. En total, a aula de novas tecnoloxías impartirá 49 horas de formación.
Case cen persoas, nenos, maiores, xente do sector do mar... participaron na xornada organizada este sábado polo Concello de Poio e conseguiron retirar preto de tres toneladas de plásticos que durante os temporais chegaron ao litoral. Unha experiencia satisfactoria, segundo explicou o alcalde, Ángel Moldes, non só porque conseguiuse mudar a imaxe das praias e evitar que todos eses desperfectos volven ao mar, senón tamén porque con este tipo de iniciativa conséguese tomar consciencia dos danos e das consecuencias das nosas accións.
O Concello de Poio celebrou onte pola noite a reunión do Consello de participación veciñal, na que ademais dos grupos que forman parte da corporación, tamén están integrados representantes dos colectivos veciñais de todas as parroquias.
Días despois de asinar o préstamo coa entidade bancaria por valor de 723.804,64 euros, o alcalde de Poio Ángel Moldes sinala que a primeira parte do obxectivo xa está cumprida, que era pagar preto de 70 facturas que se debía a autónomos e pequenos empresarios, moitos deles de Poio, tras a xestión do Tripartito, facturas por importe de 423.804,64 euros. A segunda parte, engade, é comprar a antiga gardería de Campelo para convertela no Centro de Día de Poio, e xa avanza que isto poderá ser tamén unha realidade tras o Nadal.
O concurso de tarxetas de Nadal organizado polo Concello de Poio xa ten gañadores. Os cinco debuxos seleccionados, un por cada parroquia, son de Daniela González Firvida, de 9 anos e veciña de Raxó; Paula Paz Bugallo, 11 anos de Combarro; Carmen Fernández Chapela, 7 anos de San Xoán; David de la Fuente Ureta, 10 anos e de San Salvador; e Adara Castro Naveira, 12 anos e veciña de Samieira. Destas cinco, a tarxeta que vai ser utilizada polo Concello de Poio para editar a súa felicitación institucional de Nadal será a de Daniela González.