fbpx

O Pazo Besada, conta na actualidade con catro inmobles -cinco se se conta a única das doce casas de monecas que quedan en pé e que antano estaban dispersas pola finca- e o xardín, que son:

  • Biblioteca
  • A Casa dos guardeses
  • Cocheiras
  • Palacete, cuxo interior non está concluído.  

Segundo datos do museo pontevedrés, a fachada principal da antiga biblioteca parece que se construíu a partir dos restos dun palacete pontevedrés sito nas inmediacións da basílica e cuxo construtor foi un mestre relacionado coas obras de Santa María.

 

O Pazo Besada é un enclave desde o punto de vista floral, moi interesante, non só por posuír unha árbore emblemática como O Metrosidero excelsa, que é único en Galicia pola súa antigüidade e porte, senón por posuír ademais, un paseo de tileiro moi interesante, sequoias, palmeiras, carballos centenarios, un bambú negro e uns sebes “boj” facendo figuras de inspiración dos xardíns franceses.

 

Go to top