Despois da paralización requirida polos reais decretos 463/2020 e 10/2020 contra os efectos da pandemia de COVID-19 , e unha vez que se retoma a actividade laboral nos diferentes sectores, as empresas están obrigadas a adoptar todas as medidas establecidas polos seus Servizos de Prevención, propios ou externos, necesarias para garantir a seguridade e saúde dos traballadores, tendo en conta tamén a posibilidade de contaxio por coronavirus con ocasión ou como consecuencia do traballo que realizamos.