fbpx
Nastasia Zürcher - Mulleres en Acción
Este mércores 14 de xullo ás 21:00 horas na Praza da Chousa (Combarro) Nastasia Zürcher ofrece a peza FÂM FLÔR no marco do programa "Mulleres en acción: Violencia zero" da Deputación Pontevedra.
Nastasia Zürcher (Xenebra, Suíza, 1988) é vocalista e compositora. Graduada en Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario na Escola Internacional de Artistas de Jesús Yanes, CEV (Madrid), foi galardoada cos Premios Martín Códax da Música polo seu traballo musical, publicou dous discos de autoría propia, e actualmente está a traballar na produción e gravación do seu terceiro álbum de estudio. Artista libre e curiosa, cantante ecléctica e amante das fusións, ofrece unha visión pura, honesta e persoal da comunicación e unha conexión emocional a través da música.
 
Sumando capas rítmico-musicais, con voz cantada e recitada, Nastasia Zürcher invítanos a construír o templo dunha muller florecida desde o seu crecemento, apoderamento e fortalecemento até o seu florecemento en vida. Con delicadeza, teceremos unindo voces nun mesmo canto: o do ser libre, de decidir sobre a propia vida, o canto da muller florida e florecida, o canto dunha Fâm Flôr.
Entrada libre ata completar o aforo máximo permitido.
 
 
 
Go to top