fbpx
II Duatlon Concello de Poio

A organización deste II Duatlón Concello de Poio corre a cargo do Club Triatlón Motobike Poio Galaico e a propia Administración local, cun orzamento que ronda os 8.000 euros. O prazo de inscricións rematou hoxe e a Concellería de Deportes salienta que os máis de 200 atletas anotados supón un importante aumento con respecto á convocatoria da pasada edición. As tres probas constarán dun sector inicial a pé de cinco quilómetros, un en bicicleta de 21,4 e un terceiro, de novo a pé, de 2.500 metros de extensión. A saída quedará fixada no aparcamento próximo ao areal de Lourido, partindo cara a rúa Padre Avelino, facendo o retorno a través do peirao de Campelo. Tras realizar a transición, os deportistas percorrerán o tramo en bicicleta en dirección a Anafáns, ata o cruce co Camiño das Coruxas, onde darán volta e retornarán pola mesma estrada, ata xirar á dereita pola rúa Espiñeiros. Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina (150, 100 e 75 euros, respectivamente). Ademais, repartiranse agasallos entre os deportistas que finalicen a proba. A Concellería de Deportes agradece a colaboración do Motoclub Rosa dos Ventos no desenvolvemento da proba (nas súas motocicletas irán os xuíces de carreira) e de Froiz, que cederá de xeito desinteresado o uso do seu aparcamento. O Concello confía en que a proba resulte todo un éxito e sirva como precedente a ter en conta á hora de acoller o Campionato de España de Duatlón en 2021, algo que a Administración municipal solicitará á Federación.

VER MAPA DISPOSITIVO TRAFICO

Axenda Municipal

26 Mai 2020
07:30PM - 11:00PM
Pleno Ordinario
Go to top