Facebook
Twitter
Youtube
Contacto
Poio Escena - Bolboretas: a vinganza

BOLBORETAS, A VINGANZA - PINCHACARNEIRO TEATRO

As bolboretas levan séculos manexando os fíos do amor con gran mestría. Pero nestes tempos, conseguir alimento é cada vez máis complicado, xa que os humanos non sabemos como atopar o amor.

Por iso, as nosas amigas preséntannos un carrusel de primeiras citas que reflexan as caras menos idílicas do namoramento e así ensinarnos como ligar.

Podes ser racional, sosegado ou metódico, pero nalgún momento sentirás o batir das bolboretas e deixaraste levar...

Tanto ten se a historia acaba en desastre, as bolboretas voltarán por ti unha e outra vez...

Elas precisan comer, e nós somos a súa presa.

*Recomendada para maiores de 16 anos