Facebook
Twitter
Youtube
Contacto
Festa dos Maios

A Festa dos Maios é unha das festas municipais máis ancestrais así como vistosa, grazas á involucración ano tras ano da veciñanza. Unha festa de unión e convivencia onde participan maiores, mozos e cativos, pasando a sabedoría popular de avós a pais e de pais a fillos e conservando así viva a nosa cultura.

Este ano cada maio participante recibirá 200€ e dúas roscas pola súa participación , e ademáis entrarán a concurso nas categorías de mellor maio, mellor conxunto, mellores coplas, mellor interpretación, mellor coroa e mellor barco tradicional. ? Os conxuntos participantes optarán a primeiro, segundo e terceiro premio por cada unha das diferentes modalidades.

A Concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, anima a veciñanza a participar desta festa e moi sorte a todos os participantes, que poderán anotarse dende o luns 22 ao venres 26 de abril, tal e como, reza nas bases aprobados pola Comisión de Cultura.

VER BASES http://ow.ly/D1fs50qqYps

Xa pola tarde, en colaboración coa AC Ateneo Corredoira de Combarro, se celebrará unha exhibición na Praza da Chousa a partir das 18 horas. Cada maio participante recibirá unha rosca e un gratificación en metálico de 200€.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

20 Xul 2019
06:00 PM -
I Xuntanza " Son de Mares " - Campelo
20 Xul 2019
10:00 PM -
Poio Escena - Bolboretas: a vinganza
24 Xul 2019
07:30 PM -
Dia da Matria 2019
03 Ago 2019
10:00 PM -
Poio Escena - Algo pasa con Paco
Go to top