Un ano máis, o Centro Social pretende sumarse á celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz que é o día 30 de xaneiro, luns .Este día traballamos en coordinación cos centros de primaria de Isidora Riestra, Espedregada,Lourido, Viñas, Chancelas e o IES Fontenla. Este ano dado que a proposta na que se vai a traballar precisa de todos os apoios posibles , fixemos unha invitación para que as concellarías de igualdade, educación e deportes traballaran connosco neste mesmo senso.
Dia Internacional da Non Violencia e da Paz
Ao longo de moitos anos nunca faltamos á cita de conmemoración deste día e casi sempre dámoslle un tinte simbólico -festivo . Pero este ano a máis de 8000 Kmts de distancia no Sur de Mozambique, nunha localidade de nome Boane, existe un orfanato no que viven e forman un verdadeiro hogar 150 menores vitimas da guerra e da pandemia SIDA . Este centro chámase “CASA DO GAIATO”.
No mes de Outubro a traballadora do concello Raquel Morales ( directora do CIM) tivo a oportunidade ( a través do programa "Especilaistas en Cooperar" do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que o concello de Poio é socio) de compartir poxectos de igualdade con esta comunidade e coñecer a unha das persoas fundadoras deste centro que non é outra que a enfermeira galega Maria José...un ser xeneroso que ten a forza dun ciclón para cambiar cousas que parecen un imposible.
A finais de novembro , recibíamos a triste nova de que na Casa do Gaiato un incendio provocaba danos e perdas nun almacén no que gardaban alimentos, material escolar, roupa ou artículos de limpeza. En momentos coma este todo apoio é fundamental e calquera aportación é inmensamente benvida.
Hai uns días tivemos unha reunión cos centros educativos que recolleron con entusiasmo a iniciativa e incluso melloráronla coas súas aportacións. Os centros de primaría invitarán ás familias a que busque máis información na web: fundacionmozambiquesur.org e deste xeito poder coñecer como son os proxectos desta ONG entre os que se atopa "Casa do Gaiato". Tamén as familias que o consideren poden colaborar do 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro facendo un donativo no "Rincón Gaiato " no que vai a traballar cada cole : lugar no que se ubicará unha furna para recoller os donativos nuns sobres feitos para este fin e a maís adornarán o espazo con todo o que estos días previos están a traballar nas aulas para coñecer o pais de Mozambique: cultura,paisaxe, historia, bandera, costumbres...como viven a día de hoxe.
No IES de Poio a máís van a facer unhas xornadas de encontro de alumnado coa técnica Raquel Morales para que lles transmita a súa experiencia de cooperación neste pais e como traballou con estas comunidades en temas de coeducación e igualdade. Por outra banda as áreas do concello de igualdade, participación veciñal e deportes transmitiran esta iniciativa ao tecido social, cultural, veciñal ...e deportivo porque se parte da premisa de que o importante é sumar.
Dende a concellaría de benestar social realizaremos o reconto total coas cantidades ingresadas por todos e todas as paticipantes. Os primeiros 500 €.- para esta causa serán aportados polo fondo de emerxencia social e a doazón total ingresarase no nº de conta da Fundación Mozambique Sur.
ES80 2100 3412 2113 0047 5676
A xustificación será publicada en prensa, nas redes do concello así como cartaces colocados nas portas dos centros educativos. Cando nos precopupa como viven noutras partes do mundo persoas coma nós estamos construindo a PAZ.