
Un ano máis damos comezo á tempada do Deporte-Base Escolas Deportivas do Concello de Poio. Nesta nova realidade que estamos a vivir a causa do covid-19 dende a Concellería de Deportes entendemos que o deporte é máis necesario que nunca como eixe dunha vida activa e saudable, sempre adaptándoo ás medidas hixiénicas e de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.
Nesta tempada 20/21, debido ás limitacións de aforo e grupos impostas pola situación sanitaria, cada modalidade deportiva terá un número de prazas limitadas, que variará en función do deporte e instalación na que se desenrole, que se adxudicarán por rigoroso orde de preinscrición, tendo preferencia os nenos/as inscritos na tempada pasada na mesma modalidade deportiva na que queiran participar este ano.
Así mesmo os inscritos/as na tempada 19/20 terán un desconto na cota de este ano, como compensación pola paralización da actividade durante a vixencia do estado de alarma. O inicio da actividade será na semana do 2 de novembro, estando sempre pendente da evolución da situación sanitaria no noso municipio.
DESCARGAR HORARIOS [PDF]
PROCEDEMENTOS DE INSCRICIÓN
Debido as restrición para as actividades deportivas impostas polas autoridades sanitarias a causa da pandemia do covid-19, existirán prazas limitadas para as actividades, que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición, con preferencia para aqueles alumnos/as que xa participaron no Deporte-Base Escolas Deportivas do Concello de Poio na tempada 19/20 e queiran repetir modalidade deportiva.
1º Apertura do período de preinscrición: do 29 de setembro ao 9 de outubro:
TRÁMITE FINALIZADO
2º Confirmación da obtención de praza e período de matrícula: do 19 de outubro ao 30 de outubro: unha vez reciban confirmación da praza, deberá formalizarse a matrícula e realizar o pago da cota correspondente:
1) Para as actividades de: tenis, ciclismo, piragüismo, taekwondo e kaiak polo a través do formulario dispoñible na parte inferior destas bases.
2) Para a actividade de tríatlon-dúatlon deberá formalizarse a matrícula e pago a través da web do club
3) Para as actividades de fútbol e predeporte deberá enviarse ao correo jmanuel.lema.gonzalez@concellopoio.com a folla de inscrición para cada modalidade deportiva debidamente cumprimentada e asinada polo pai, nai ou titor/a legal acompañada da seguinte documentación: copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal, 1 fotografía tamaño carnet do alumno/a, copia da tarxeta sanitaria do alumno/a, copia do libro de familia, resgardo bancario do abono da cota.
4) Para as actividades de ximnasia rítmica deberá enviarse ao correo saraibaedpoio@yahoo.es a folla de inscrición da modalidade deportiva debidamente cumprimentada e asinada polo pai, nai ou titor/a legal acompañada da seguinte documentación: copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal, 1 fotografía tamaño carnet do alumno/a, copia da tarxeta sanitaria do alumno/a, copia do libro de familia, resgardo bancario do abono da cota.
5) Para as actividades de fútbol sala e balonmán deberá contactarse directamente cos clubs nos teléfonos indicados nos horarios.
3º Inicio da actividade: no primeiro día de adestramento de cada actividade a partir do 2 de novembro.
COTAS DE INSCRICIÓN:
A) ALUMNOS/AS QUE PARTICIPARON NA TEMPADA 19/20
- para os empadroados/as en Poio: 40 €/anuais 1º irmán, 35 €/anuais 2º irmán, 30 €/anuais irmán ou máis.
- para os non empadroados en Poio: 55 €/anuais 1º irmán, 50 €/anuais 2º irmán, 45 €/anuais irmán ou máis.
B) ALUMNOS/AS NOVOS/AS NA TEMPADA 20/21
- para os empadroados/as en Poio: 60 €/anuais 1º irmán, 50 €/anuais 2º irmán, 45 €/anuais irmán ou máis.
- para os non empadroados en Poio: 80 €/anuais 1º irmán, 70 €/anuais 2º irmán, 65 €/anuais irmán ou máis.
Indumentaria e equipamento deportivo: para cada modalidade deportiva establecerase a vestimenta e o equipamento necesario para a súa práctica, o cal non estará incluído na cota de inscrición, así como a licenza federativa no seu caso.
O ingreso farase no número de conta bancaria que constará na folla de inscrición correspondente a cada actividade, sinalando no concepto o nome do alumno/a e a actividade elixida.
Estarán exentos de pagamento os alumnos/as que presenten un informe dos Servizos Sociais do Concello propoñendo a exención do pago.
Os horarios indicados son orientativos e poderán sufrir variacións cando se conformen definitivamente os distintos grupos.
O desenrolo da actividade quedará supeditada a evolución da situación sanitaria causada polo covid-19 e ás normas e pautas de actuación impostas pola autoridade sanitaria.
+ INFORMACION de luns a venres de 10 a 13 horas no teléfono 986 77 00 01 (ext 1214) ou no correo electrónico deportes.poiomovese@concellopoio.gal.