Moita da materia orgánica que botamos ao lixo ao final do día, por exemplo os restos de alimentos, podemos transformala en compost ou, o que é o mesmo, nun fertilizante natural. Con cada 100 quilos de este tipo de lixo obtéñense entre 20 e 25 quilos de compost.
Este é un proceso limpo, ecolóxico, que non produce cheiros, para isto o máis recomendable é dispor dun colector específico para a compostaxe (ou mesmo utilizar algún comunitario). Non necesitarás facer gasto en mantemento, pois non require dun motor ou de algún outro tipo de mecanismo.
Tendo en conta que o lixo que xeran os fogares contén entre o 40 e o 50% de materia orgánica e que esta se pode transformar en abono, as vantaxes do uso dos composteiros son enormes, tanto para o medio ambiente en xeral como, para o particular e para o Concello de Poio. Reducindo entre todos o volume do lixo evitaremos ter que pagar pola incineración do mesmo, o que suporía un importante aforro económico en beneficio de todos e todas.
O Concello de Poio pon a disposición dos veciños e veciñas composteiros individuais fáciles de instalar no exterior das vivendas o nos xardíns. Trátase de colectores de 600 litros de capacidade, que veñen acompañados de un pequeno manual de instrucións de como realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto. Asemade xa está a traballar na nosa vila a Mestra Composteira, á que lle podedes consultar as vosas dúbidas no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
· Restos de poda e sega.
· Ramas, follas, céspede...