Un litro de aceite doméstico pode contaminar ata 1.000 litros de auga. O Concello de Poio co fin de previr a contaminación das augas e o solo ten posto en marcha un servizo de recollida de aceites vexetais domésticos usados.
· San Salvador de Poio: Urbanización Casal de Ferreirós
· San Salvador de Poio: Avda. Porteliña 11
· Campelo: Praza da Granxa con Rúa Pedro Souto Couselo 5
· San Xoán de Poio: Explanada da Seca, recinto feiral
· San Xoán de Poio: Avda. de San Xoán 10 (Ao lado da marquesiña do bus)
· Combarro: Paseo Marítimo de Combarro (Próximo zona verde / parque infantil)
· Samieira: Estrada PO 303, no entorno da praza Alfredo Romay
· Raxó: Rúa Leopoldo Novoa (Proximidades parque infantil)