fbpx

 

 
 
O vindeiro martes 25 de agosto terá lugar un Pleno extraordinario, no que se abordarán diferentes temas. Un deles ten que ver cunha modificación de crédito, que servirá para que se poidan utilizar fondos que, inicialmente, estaban destinados á organización de diferentes eventos e festas que non se puideron celebrar por mor da crise sanitaria derivada da Covid-19. Trátase dunha partida que se destinará ao pago de varias actuacións, así como para o departamento de Servizos Sociais.
 
Así o confirmou na mañá deste mércores o concelleiro de Facenda e Patrimonio, Xulio Barreiro, unha vez finalizada a Comisión de Facenda, na que se tratou esta cuestión. En total, a contía ascende a uns 73.500 euros aproximadamente, que, nun principio, íanse destinar á organización da Festa do Mar e da Ameixa, así como a outras festas patronais e verbenas nas parroquias. Cómpre lembrar que, ante a situación derivada pola expansión do coronavirus, o Concello optou pola suspensión de eventos masivos e, a través das concellerías de Festexos e Cultura, impulsou o programa Reinicia o Verán, que ofrece actividades lúdicas ata setembro, todas elas con aforo controlado e medidas anti Covid-19.
 
Barreiro explicou que esta modificación de crédito é necesaria para que estes fondos se poidan destinar a outras actuacións diferentes. Así, no expediente consta que preto do 50% da contía total (uns 35.000 euros) serán para facer fronte aos custes derivados de obras en Combarro, en materia de soterrado de liñas e dotación de redes de pluviais. A isto hai que engadirlle outros 22.000 euros destinados a melloras  en diferentes vías e camiños, que inclúen tarefas de asfaltado e dotación de ‘lombos’. O Goberno local tamén aposta por achegar 6.600 euros ao Fondo de Emerxencia Social, a través do cal o departamento de Servizos Sociais axuda ás familias en risco de exclusión ou que estean atravesando dificultades económicas. Xa vimos destinando fondos a EMERXENCIA COVID19 tanto no eido sa seguridade como no que ten que ver cos servicios sociais. Dar resposta as necesidades da veciñanza é prioritario para este Goberno por iso tamén priorizamos en obras, dado que os servicios de emerxencia social xa estan sendo prioritarios dende  o inicio da pandemia.

Cos votos a favor dos tres grupos de Goberno (BNG, PSOE e Avante Poio) e os votos en contra do Partido Popular, o Pleno procedeu, na súa última sesión ordinaria, ao peche e liquidación definitiva da conta xeral correspondente ao Orzamento de 2019, que deixou un remanente de Tesourería que ronda os 2,5 millóns de euros aproximadamente. Tal e como explicou durante o debate plenario o concelleiro de Facenda, o nacionalista Xulio Barreiro, esta aprobación definitiva realízase despois de que se completase toda a tramitación previa, incluída a exposición pública, durante a que non se rexistrou ningunha alegación.

Maila que, inicialmente, a cifra inicial do Orzamento correspondente ao exercicio anterior quedara fixado en 12.646.000 euros, o crédito final achegouse aos 17,4 millóns, grazas á obtención de achegas que inicialmente non se contemplaban no documento, que foi elaborado atendendo “a criterios de prudencia”. Sobre as críticas realizadas pola oposición con respecto ao incumprimento da regra de gasto, Barreiro insistiu unha vez máis en que “para este Goberno local a prioridade é achegar servizos que melloren a calidade de vida dos veciños. Esa regra de gasto creouse no seu día para evitar o endebedamento das administracións públicas e establece que os gastos non poden superar o 3% do remanente. Cando se xeran máis ingresos e a tendencia é de crecemento, como sucede no caso de Poio, a regra é máis difícil de cumprir. Poderiamos destinar os recursos exclusivamente á amortización da débeda, pero entendemos que é prioritario achegar servizos aos veciños”, subliñou o responsable de Facenda, que cita como exemplos as obras desenvolvidas na posta a punto de Pernas Peña, na Caeira, ou na Seara, impulsados a través de fondos propios.

Con respecto á débeda, actualmente está fixada nun 48%, moi lonxe do 115% que permite a normativa vixente.

A Concellería de Cultura, a través dos seus perfís oficiais en redes sociais, súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos, o vindeiro 9 de xuño, e que este ano servirá para homenaxear ao persoal sanitario, en recoñecemento ao seu labor e esforzo na loita contra a Covid-19.


Un dos aspectos nos que fai fincapé o Concello é na necesidade de que esta instancia non só axude a reactivar a actividade económica, senón que tamén resulte compatible coa seguridade dos veciños e veciñas do entorno, coa separación cos peóns, coas entradas de edificios, garaxes, e con toda a actividade do entorno do establecemento. Neste sentido, o Goberno local fai un chamamento para que “todos nos impliquemos, de xeito que axudemos a mantermos na fase 1 e a ir completando o proceso de desescalada de xeito satisfactorio”.

Neste sentido, tamén se fai fincapé na importancia de transmitir a imaxe de Poio como un destino turístico seguro, para o cal é indispensable cumprir con todas as normas de seguridade, distanciamento e hixiene, de xeito de que “os potenciais visitantes, en canto poidan volver a desprazarse, teñan conciencia de que aquí se cumpren de xeito rigoroso cos protocolos establecidos polas autoridades”.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top