fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

A Policía Local de Poio activou este sábado un operativo especial na vila, que servirá para reforzar os controis que xa se viñan realizando de xeito habitual para velar polo cumprimento das medidas adoptadas a raíz do estado de alarma  que aínda permanece en vigor. O obxectivo desta nova actuación é evitar posibles chegadas de cidadáns doutros municipios ás súas segundas vivendas, co gallo do comezo da Semana Santa.

Deste xeito, o xefe do corpo de seguridade poiense, Antonio Duarte, explica que estes controis serán especialmente intensos nos lugares de acceso a Poio, como, por exemplo, a ponte da Barca e a rotonda da PO-308 situada á altura do enlace coa Variante Norte, na parroquia de San Xoán. Ademais, os axentes tamén están a realizar unha maior vixiancia de espazos públicos, praias e parques. Trátase de lugares que permanecen pechados desde mediados do pasado mes de marzo, cando comezou o estado de alarma. Ademais, levaranse a cabo vixías policiais naqueles núcleos e zonas do municipio onde existen un maior número de segundas vivendas.

A Concellería de Seguridade Cidadá fai un chamamento á cidadanía para que continúen dando cumprimento das pautas marcadas polo Goberno español mentres dure o confinamento. Neste sentido, o Concello é consciente do gran esforzo que está a facer a inmensa maioría da veciñanza e confía en que a situación se manteña así durante Semana Santa. Cómpre lembrar que a lei contempla diferentes sancións económicos, en función da gravidade do incumprimento, que poden chegar ata os 600.000 euros ou mesmo penas de prisión de tres meses a un ano.

Axenda Municipal

26 Mai 2020
07:30PM - 11:00PM
Pleno Ordinario

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top