fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

As veciñas que poidan ser vítimas dunha agresión machista poden poñerse en contacto co departamento municipal a través do teléfono da Casa Rosada (986872401) sete días á semana, entre as 9.00 e as 14.00 horas e as 16.00 e as 21.00 horas. Tamén se pon á súa disposición a conta de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ofrécese tamén asesoramento xurídico a mulleres que no seu traballo non dispoñan de posibilidades de conciliación, tendo ao seu cargo cativos menores de 12 anos ou persoas maiores dependentes. As actividades de ioga e pilates do programa ‘Un espazo propio’ continuarán de xeito telemático.

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Poio mantéñense plenamente operativos durante o vixente estado de alarma. Unha das liñas de asesoramento que está a ofrecer vai dirixido a aquelas veciñas que teñan ao seu cargo cativos menores de 12 anos ou persoas maiores dependentes. A todas elas ofrecéselles asesoramento xurídico, en caso de que nos seus lugares de traballo non lles acheguen posibilidades de conciliación.

Ademais, tamén se mantén a atención e asistencia psicolóxica e xurídica a vítimas de violencia de xénero. As afectadas poden poñerse en contacto co CIM a través do teléfono da Casa Rosada (986872401), en horario de 9.00 a 14.00 horas polas mañás e de 16.00 a 21.00 horas polas tardes, fines de semana incluídos. Tamén é posible contactar enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. En casos de emerxencia, recoméndase que se poñan en contacto coa Policía Local a través do número de teléfono 689575495. A concelleira de Igualdade, Silvia Díaz, lembra, asemade, que o CIM tamén facilita información sobre outros recursos aos que poden acceder aquelas mulleres que teñan sufrido unha agresión machista, a través das diferentes institucións. Así, existen dous números de teléfono, habilitados polo Ministerio de Igualdade, aos que se pode acudir vía Whatsapp (682916136 e 682508507). Tamén está operativo o 016 e a dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os mecanismos de axuda esténdense, a maiores, aos smartphones, grazas á aplicación App Alertcops, que permite enviar unha sinal ás autoridades no caso de que non sexa posible efectuar unha chamada telefónica. Outra opción é poñerse en contacto co Teléfono da Muller, gratuíto e anónimo (900400273).

Silvia Díaz ten moi claro que “é fundamental poder garantir asistencia integral ás mulleres que poidan atoparse nunha situación de violencia de xénero, así como coordinar os servizos e recursos para que estean á súa disposición en caso necesario”. A concelleira de Avante Poio salienta que neste tempo de confinamento estas mulleres “non están soas, contan coa nosa atención e acompañamento. Seguiremos mantendo operativos os mecanismos de prevención, intervención e resposta fronte á violencia machista. O noso obxectivo é previr, controlar e minimizar posibles consecuencias negativas nas vidas das vítimas”, conclúe.

Por outra banda, o CIM aposta por manter operativo, vía telemática, o programa ‘Un espazo propio’, que inclúe actividades de ioga e pilates e que conta con 116 inscritas. Deste xeito, as clases poderán seguirse de xeito non presencial, algo imprescindible despois de que se decretase o peche ao público de equipamentos e dependencias municipais como medida preventiva. “Buscamos ofrecer a posibilidade de que as participantes poidan manter uns hábitos saudables a través estas iniciativas, que resultan moi beneficiosas a nivel físico, mental e emocional”, indica Díaz.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top