fbpx

O Concello de Poio vén de adquirir nestes días unhas 2.000 mascarillas aproximadamente, que están sendo repartidas entre o persoal municipal, así como entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Á hora de efectuar esta distribución, a Concellería de Seguridade Cidadá explica que se lle dá prioridade a aqueles departamentos que, polas súas tarefas, están máis expostos, como pode ser, ademais do propio SAF, a Policía Local, Protección Civil ou operarios de distintas áreas. O Concello acordara hai uns días contactar cunha empresa local para a fabricación dun millar de mascarillas.

Ademais, os integrantes da Comisión de Seguimento do Covid-19 acordaron nunha das sesións celebradas a pasada semana reclamar a diferentes institucións a dotación do material necesario para garantir a seguridade dos traballadores municipais. Deuse traslado desta reclamación á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) e á Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP). O Concello deixa claro que só aspira a recibir este material unha vez estea garantido o abastecemento para o persoal sanitario. 

No caso do SAF, na actualidade préstase servizo a un total de 52 usuarios.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top