fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

O Concello de Poio procederá á instalación de paneis informativos nos diferentes parques infantís existentes nas cinco parroquias do municipio, instando aos cidadáns a que se absteñan de utilizados. Trátase dunha medida que reforza as iniciadas ao longo desta semana para tratar de evitar, na medida do posible, a expansión do covid-19.

O alcalde, Luciano Sobral, confirmou que os traballos de dotación destes paneis levarase a cabo ao longo da xornada de hoxe, polo que a entrada en vigor da medida é inmediata.

Ademais, hoxe tamén empezaron a aplicarse medidas entre o propio persoal municipal. Deste xeito, algúns traballadores xa desenvolveron as súas tarefas a través da fórmula do teletraballo. O Concello lembra aos veciños a necesidade de que realicen as súas xestións a través das vías telemáticas, correo electrónico ou teléfono, sen persoarse nas dependencias do Consistorio. Unha fórmula á que tamén se suma a Policía Local de Poio, que insta aos cidadáns a que se poñan en contacto telefónico co corpo de seguridade en caso de que precisen da súa asistencia. Os axentes utilizarán luvas e outros equipos de proteción que resulten necesarios nas situacións que así o demanden para dar resposta a algún requirimento veciñal.

Por outra banda, a Concellería de Turismo confirmou a suspensión temporal da atención presencial nas oficinas de información, ao igual que na Casa Rosada. Desde o xoves tamén permanecen pechadas diferentes locais e equipamentos municipais, como son os deportivos. Tamén se aplica esta medida desde hoxe na biblioteca, situada en Campelo. No ximnasio da Seca mantense parte do persoal realizando diferentes xestións, pero non se dá servizo. Suspendéronse, asemade, as actividades deportivas, sociais e lúdicas ao longo das vindeiras semanas ao igual que a programación da aula CeMIT de Combarro que queda suspendida ata novo aviso.

Axenda Municipal

26 Mai 2020
07:30PM - 11:00PM
Pleno Ordinario

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top