fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

 

A Concellería de Obras e Servizos remitirá nos vindeiros días un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Xunta de Galicia, para solicitarlle que acometa unha serie de reparacións no firme da PO-308.

Poio, 12 de marzo de 2020.-A responsable deste departamento, Chelo Besada, explica que existen tramos do vial de titularidade autonómica que non se atopan en bo estado, a pesar de formar parte das zonas nas que se acometeron nos últimos meses as obras para reforzar a seguridade viaria.

 A concelleira do tripartito pon como exemplo a situación na que se atopa o firme nas inmediacións da nova rotonda instalada na parroquia de Samieira, no entronque coa estrada PO-303. “O pavimento está moi degradado polo tránsito de vehículos e as obras non están rematadas por completo. Aquí a situación resulta especialmente sangrante”, opina a tenente de alcalde, que amosa a súa preocupación polo feito de que a obra leve sen avanzar nalgúns tramos “desde hai bastante tempo”.

 

 

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top