fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

A proxección de curtametraxes ‘Mulleres no 8M’ congregou a un gran número de asistentes, entre os que non faltaron algúns dos responsables das catro obras emitidas. Entre eles, figuraban Olaya de los Palos, deseñadora de vestiario de ‘Escarnio e Maldecir’; Ozo Perezo, codirector e coguionista de ‘El Jefe’, e a protagonista desta última curta, Camila Bossa.

Ademais, o faladoiro posterior resultou “moi interesante, en palabras da concelleira de Igualdade, Silvia Díaz, que explicou que se trataron diferentes temas como a fenda de xénero, a situación actual da muller en Galicia ou as imposicións do patriarcado.

Mañá venres terá lugar a homenaxe a cinco veciñas de Poio, pola súa traxectoria social e vital. Trátase de María del Carmen Rodiño (San Salvador), Teresa de la Fuente (San Xoán), Combarro (Divina Barreiro), Genoveva Sanmartín (Samieira) y Manuel Gómez (Raxó). O acto foi ás 20.00 horas e tamén serviu para presentar o libro ‘Mulleres de Poio 2020’, realizado polo colectivo Polo Correo do Vento e ilustrado por Tania Solla. Trátase dunha obra que narra as vivencias das cinco homenaxeadas.

Axenda Municipal

26 Mai 2020
07:30PM - 11:00PM
Pleno Ordinario

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top