fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

  • O Concello poiense é o único da provincia de Pontevedra e dos poucos de menos de 20.000 habitantes de España en dispoñer desta ferramenta, dirixida pola Policía Local e na que participan as áreas de Seguridade Cidadá, Educación e Servizos Sociais

  • Desde a súa posta en marcha en 2017 realizáronse máis de 60 intervencións, ademais de impulsar charlas, obradoiros e diferentes iniciativas. Agora, estase a traballar no desenvolvemento dunha mesa de seguemento.

    Poio, 16 de febreiro de 2020.- No ano 2017, o Concello de Poio, seguindo os pasos do da Coruña e doutras vilas españolas, puxo en marcha o Programa Axente Titor. Trátase dun servizo especializado na promoción do respecto aos dereitos da infancia que ofrece a Policía Local, coordinándose con as áreas de Seguridade Cidadá, Servizos Sociais e Educación. O seu ámbito de actuación concéntrase no da proteción ao menor e a prevención na contorna escolar. A día de hoxe, Poio continúa sendo a única vila da provincia de Pontevedra que aposta por manter esta prestación. “Non hai moitos concellos de menos de 20.000 habitantes que conten con este programa”, enfatiza a edil de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, que se amosa moi satisfeita cos resultados acadados desde que se activase esta iniciativa na vila poiense.

    Desde entón, o corpo de seguridade realizou máis de 60 intervencións, sendo o 2018 o ano máis activo neste sentido, con 28 casos (20 no 2019 e 14 no 2017). Neste sentido, o máximo responsable da Policía Local, Antonio Duarte, salienta que os axentes titores teñen potestade para actuar no ámbito escolar para a resolución de posibles conflitos que poidan producirse nos recintos educativos. Aquí, as súas funcións desde actuar en casos de absentismo escolar ata a detección de menores en idade escolar que non están escolarizados, dando parte aos Servizos Sociais. Ademais, tamén poden intervir puntualmente a petición dos propios centros para esclarecer feitos delitivos ou vixiar posibles condutas de risco. Por outra banda, o programa tamén serve para impulsar a mellora da seguridade viaria nas zonas escolares, a través de informes relacionados coa sinalización e ordenación do tráfico.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top