fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual

Na práctica deportiva poñémonos retos para manter viva a ilusión e seguir adestrando ou facendo deporte. Non chega con facer algo fácil e accesible, o que nos motiva é tentar superar aquelas cousas que supoñen un desafío.

Non penses que cando superas un reto xa está todo feito. Se che gusta o deporte e queres gozar del, sempre estarás a buscar desafíos para realizarte como deportista e como persoa.

Por todo iso, a Deputación de Pontevedra, continuando co desenvolvemento do seu plan estratéxico, impulsa un novo formato de probas deportivas chamado "DepoDesafío", que combina a carreira, a bicicleta e a natación nun ciclo de 5 probas nas que as e os participantes vivirán novas experiencias e emocións.

Ven e goza dun ambiente especial no que poderás visitar e coñecer os encantos da provincia de Pontevedra, xa que cada proba se levará a cabo nun lugar diferente desta.

As probas que integran "DepoDesafío" son a carreira a pé, a travesía a nado, o tríatlon, a carreira en bicicleta de montaña (BTT) e o trail.

Está dirixido a persoas maiores de 16 anos que queiran experimentar novos desafíos, así que non o dubides e apúntate.

Como participo? Admitirase un máximo de 200 participantes na modalidade "DepoDesafío", isto inclúe a participación en todas as probas e os premios, a bolsa da ou do corredor e o sorteo de 2 dorsais para a maratón de Berlín (con dorsal, voo e hotel), aínda que tamén se pode competir nunha soa proba.

Como me inscribo? A través do servizo web da Deputación de Pontevedra, tanto na modalidade de desafío coma na de proba individual.

Máis Información

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top