fbpx

 

O pasado 9 de agosto abriuse o prazo para a solicitude de subvencións á conservación e rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral de combarro (7ªFASE) cun total de 8.866,66€, co obxecto de completar o número de actuacións e crédito previstos. Esta 2ª convocatoria, rexerase, en xeral, polas bases da anterior convocatoria de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ªFASE), publicada no BOPPO nº212 do 3 de novembro de 2015.

En particular, neste caso, o procedemento de concesión será non competitivo e rexirase por riguroso orde de entrada das solicitudes, dispoñendo dun prazo de 30 días naturais dende a súa publicación.

RESUMO AXUDAS

Anuncio BOP Nº152 – Mércores 9 de agosto de 2017 - EXTRACTO DE 2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 30 días naturais dende a publicación no BOP (dende o 10 de agosto ao 11 de setembro).

CUANTÍA DAS AXUDAS: 35% cunha contía máxima por vivenda de 1.108,33 €.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR A SEGUINTE LIGAZÓN DA BDNS

 

 

 

Go to top