fbpx

A Concellería de Benestar Social e Mocidade informa de que quedan prazas libres para participar nunha excursión á localidade portuguesa de Monçao. O desprazamento será o xoves 8 de xuño, con saída da rotonda da Barca ás 11.00 horas e retorno o mesmo día ás 18.00 horas. Inclúese pasar un día na Feira en Monçao, ademais dun xantar e un acceso ao circuíto termal das devanditas instalacións. A cota a pagar é de 38 euros por persoa, que tamén inclúe o transporte.Desde o departamento municipal infórmase de que se lle dará prioridade á veciñanza que estea empadroada no concello de Poio, así como a persoas da terceira idade. Pódese obter máis información chamando ao teléfono 986872401, así como no Pazo de Besada e na Casa Rosada. Tamén é posible resolver dúbidas enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Clases de Tai chi e exercicio físico

A Concellería de Benestar Social e Mocidade tamén valora positivamente a afluencia ás sesións de tai chi e exercicio físico, estes últimos a través do Programa Saudemente, que durante este ano se puxeron unha vez máis en marcha para persoas maiores. A maioría dos e das participantes superan os 70 anos, con usuarios e usuarias que roldan os 90. No caso do tai chi, trátase dunha práctica que mellora o equilibro e axuda a fortalecer tanto as extremidades inferiores como as superiores, así como os músculos da base das costas e abdomen. Estes exercicios de hábitos saudables leváronse a cabo en diferentes emprazamentos do municipio.

 

Go to top