fbpx

Xa está todo listo para que poidas incribirte no Concurso do Desfile de Entroido. Se non tes o teu disfrace ou argallaches a túa choqueirada, non agardes máis. Grandes premios están en xogo! Bótalle unha ollada ás bases e descargar e cumplimenta a túa ficha de inscrición.

Saca o teu lado máis choqueiros, enreda a familia e amigos... e disfruta do Entroido en Poio!

PROGRAMA | FICHA DE INSCRICIÓN [PDF] | INSCRICION [SEDE ELECTRÓNICA]

BASES DESFILE DE ENTROIDO 2023

PRIMEIRA.- O Concello de Poio publica as bases para o Desfle de Entroido 2023 que terá lugar o domingo 19 de febreiro de 2023, ás 17:00 horas, dentro do programa de actividades do Entroido 2023.

SEGUNDA.- A concentración e o desfle farase o domingo 19 de febreiro nos seguintes lugares e horas:
PUNTO DE ENCONTRO (16:00 h): Praza da Granxa de Campelo
DESFILE (17:00 horas): Saída da Praza da Granxa e chegada ao lugar da Seca.
ENTREGA DE PREMIOS: no lugar da Seca, ao fnalizar o desfle.
Todos/as os/as participantes deberán estar no lugar de concentración e montaxe á hora sinalada (16:00 h). A orde do desfle será asignada pola organización. O incumprimento do
horario previsto polos/as participantes poderá supoñer o seu desprazamento ao ultimolugar do desfle.

TERCEIRA.- Poderán participar todas as persoas que se inscriban nalgunha das seguintes categorías e subcategorías:
CATEGORÍA:
Adulto: A partir de 15 anos.
Infantil: ata os 14 anos.
SUBCATEGORÍA:
Grupos: Terán como mínimo 3 participantes que deberán gardar unha unidade temática; poderán ir acompañados de carroza ou plataforma móbil.
Parellas: Ambos disfraces deberán estar relacionados baixo a mesma unidade temática.
Individual: Valorarase a aqueles disfraces que se presenten de maneira individual.
As persoas participantes non se poderán inscribir en máis dunha categoría.

CUARTA.- O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 6 ata o 15 de febreiro (ambos inclusive). As solicitudes de inscrición de grupos (asociacións ou persoas xurídicas) débense presentar a través da Sede Electrónica do Concello (https://concellopoio.sedelectronica.gal/info.0). No caso de inscrición de individuais ou parellas (persoas físicas) poderanse presentar a través da Sede Electrónica ou Rexistro Xeral do Concello de Poio (en horario de 08:30 a 14:30 horas) en impreso normalizado para este fin. Tamén poderán facer a inscrición, o mesmo día do desfle na praza da Granxa de Campelo, entre as 15:30 e 16:00 horas.

Xunto coa solicitude de inscrición deberase acompañar a seguinte documentación:
Copia do DNI do/da participarte no desfle e do/da seu titor/a ou representante legal,
(no caso de menores de idade).
QUINTA.- Os premios establecidos para o concurso son os seguintes:



Os premios ESPECIAIS serán compatibles co resto de premios. O importe máximo dos premios a repartir, anteriormente referidos, será de 6.650 €.O pago farase mediante transferencia bancaria. Os premios estarán sometidos as retencións do IRPF que legalmente correspondan. Ao remate do desfle, o xurado dará a coñecer os/as gañadores dos premios. Será obrigatoria a presenza dos/das participantes ou dalgún/dalgunha representante dos grupos ou parellas participantes durante a lectura dos premios. A non presenza implicará a renuncia ao premio.

SEXTA.- O xurado estará composto polos membros que forman parte da comisión municipal de Educación, Cultura e Deporte, e será presidido pola concelleira delegada de Cultura. O xurado terá liberdade de criterio para establecer a súa avaliación e cualifcación atendendo a cuestións como o vestiario, a orixinalidade, coreografías, harmonía, simpatía, actitude, ritmo, animación, estética, posta en escena, maquillaxe, máscaras e demais complementos propios do Entroido, presenza de elementos complementarios como carrozas ou plataformas móbiles, etc. As persoas membros do xurado avaliarán aos/ás participantes no desfle dende diferentes
puntos do percorrido sen determinar. Ao remate do desfle as/os compoñentes do xurado reuniranse para fallar o resultado e comunicalo publicamente. A puntuación de cada membro do xurado será, para cada categoría e subcategoría, de 0 a 3 puntos. Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado. No caso de empate decidirá o voto de calidade da presidenta.

SÉTIMA.- Co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente, o persoal da organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír  do desfle ou cambiar o seu posto da orde a calquera elemento dos/das participantes que se considere perigoso (petardos, bengalas.).

OITAVA.- As carrozas ou plataformas móbiles terán que levar obrigatoriamente un extintor de incendios na cabeza ou vehículo tractor.

NOVENA.- A organización queda facultada para resolver as posibles eventualidades ou controversias que poidan xurdir, non previstas nestas bases.

DECIMA.- Por motivos climatolóxicos, o desfle poderá ser adiado ou suspenderse definitivamente.

UNDÉCIMA.- A organización realizará unha cobertura fotográfca dos diferente momentos do desfle. Os/as participantes, mediante a inscrición, consentirán na cesión da súa imaxe para as fotografías que se realizarán durante a celebración deste evento. As fotografías serán utilizadas pola Concellería de Cultura con fns divulgativos e para a promoción das súas actividades nos seus perfís sociais e páxina web ofcial.

DUODÉCIMA.- A participación no desfle, supón a aceptación de todos os puntos das bases.

DÉCIMO TERCEIRA- As presentes bases estarán expostas no taboleiro de anuncios da Concello de Poio e na páxina web www.concellopoio.gal.

 

Go to top