fbpx

Onte día 10 de novembro, o Concelleiro de Promoción Económica (Gregorio L. Agís Gómez, PSOE), reuníuse con directiva e socios/as da Asociación Empresarial EnPoio,  para darlles a coñecer as iniciativas en marcha neste momento dende a Concellería de Promoción Económica,  e tamén para intercambiar impresións e recibir suxerencias e solicitudes de colaboración deste colectivo poiense.

Entre outros, tratáronse temas -en marcha ou por iniciar en breve- de formacións en enerxías renovables, emprendemento VITA- e aforro enerxético; información e promoción sobre o Convenio asinado coa Deputación Provincial financiado con fondos Next Generation Europe e fondos propios "DA TÚA MAN" para fomento da actividade comercial, información sobre a recente solicitude e próxima resolución dun Plan de Dinamización Turística en Destinos ao Estado con fondos europeos igualmente, e por último ás próximas convocatorias de axudas dos Grupos de Acción Local da Pesca e do GDR Pontevedra Morrazo (plan de participación pública en marcha).

A asociación amosou as súas inquedanzas por temas como o transporte público, a xestión dos resíduos e a reciclaxe, a enerxía e outras que se trataron como eventos navideños, co que se puxo fin á xuntanza que o Concelleiro considerou moi satisfactoria e precisa para manter abertas as canles de comunicación cos colectivos e concretamente co colectivo empresarial de Poio.

 

 

Go to top