fbpx

Xa está aberto o prazo de inscrición de Espazo Propio. O pilates e o ioga son disciplinas deportivas que constribúen o desenrolo físico e ó equilibro corporal mellorando a postura e corrixindo a posición do corpo, e na Casa Rosada xa están dispoñibles as dúas actividades da man do CIM Poio e a Concellería de Igualdade. 

Bule! Xa podes descargar o Formulario de inscrición que poderá presentarse de xeito prensencial no Rexistro Xeral (cita previa) ou de xeito telemático a través do Rexistro na Sede Electrónica adxuntando o formulario de inscrición. 

BASES |  FORMULARIO INSCRICIÓN

O xoves 15 de setembro ábrese o prazo para a solicitude de inscricións no programa Espazo Propio, a través do cal se organizan clases de ioga e pilates nas instalacións da Casa Rosada. Está previsto que as sesións se inicien o vindeiro 3 de outubro, finalizando o 30 de maio de 2023. O día 30 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios da Casa Rosada a listaxe de persoas admitidas, que se efectuará por rigoroso orde cronolóxica de anotación.

A tenente de alcalde e responsable deste departamento, Silvia Díaz (Avante Poio), lembra que o custo da actividade é de 20 euros e que o pagamento farase a través de domiciliación bancaria. Ademais, con respecto ás inscricións, estas deberán ser presentadas a través do Rexistro Municipal ou ben de xeito telemático, na Sede Electrónica do Concello. As clases serán os martes e xoves, en horario de mañá (ioga de 9.15 a 10.15 horas e pilates de 10.30 a 11.30 horas) e de tarde (de 19.15 a 20.15 e de 20.30 a 21.30 horas). O grupo máximo de participantes por grupo será de 26, cun mínimo de oito para poder desenvolver a actividade. Á hora de tramitar as inscricións daráselle prioridade ás persoas que estean empadroadas no municipio de Poio. Non se gardan prazas, de xeito que, no caso de que se produza algunha baixa ao longo do mes, esa vacante sería cuberta a través da lista de reserva.

Con respecto á realización das clases, recoméndase levar roupa e calzado cómodo. Ademais, cada alumna e alumno deberá levar a súa propia esteira. Silvia Díaz destaca que o programa Espazo Propio ten como obxectivo promover o benestar e os hábitos saudables, e conta cada ano cun gran número de persoas usuarias.

 

Go to top