fbpx

O Concello de Poio informa da apertura do prazo de inscrición para participar nos Obradoiros na Casa Museo Cristóbal Colón. Trátase dunha actividade gratuíta, cunha duración aproximada de 60 minutos, impulsada polos departamentos de Turismo e Pesca e Marisqueo, dirixidos pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio) e Julio Casás (PSdeG-PSOE).

Cada xornada terá un total de 8-10 prazas, as inscricións poden realizarse enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o nome e apelidos, a data seleccionada, a idade das persoas interesadas e un teléfono de contacto. Tamén se pode contactar mediante este medio para obter máis información ou chamando ao 986833204 (marcando 2). A actividade está pensada para familias e cativos dunha idade comprendida entre os 6 e os 10 anos.

Esta actividade finánciase a través do GALP Ría de Pontevedra, a Consellería do Mar e o Fondo Marítimo Europeo e da Pesca. As áreas de Turismo e Pesca e Marisqueo apostan pola dinamización, a promoción e a posta en valor da Casa Museo e do Bosque de Colón, ao tempo que se promove e se difunde a teoría da orixe galega do navegante máis universal.

 

Go to top