fbpx

A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), presidiu o acto de presentación das probas que acollerá nas dúas vindeiras fins de semana a praia de Lourido, na parroquia de San Salvador, dentro do circuíto provincial do Verán Deportivo. Trátase dunha iniciativa que xa é un clásico da temporada estival poiense, toda vez que se leva celebrando desde hai unha década (coa excepción do ano pasado, por mor da pandemia da COVID-19) e que este ano novamente , conta coa colaboración  da Deputación de Pontevedra, ademais doutras institucións organizadoras.

Caldas Moreira estivo acompañada por Gillermo Janeiro ( representante de Verán Deportivo) así como representantes da Asociación VCD de Lourido. A edil do Goberno local amosou a súa satisfacción pola importancia de dinamizar a través do deoporte federado e pòpulaer as nosas praias

As citas terán lugar o 6 e 7 de agosto e o 13, 14 e 15 do mesmo mes. Durante a primeira fin de semana o protagonismo será para o volei praia. Haberá competición para deportistas federados e tamén para amateurs, nas categorías feminina, masculina e mixta. Poderán participar, neste último caso, persoas maiores de 16 anos. O peche do calendario, a mediados de agosto, correrá a cargo das competicións de tenis praia, futevolei e por último unha xornada de beach sports kids tour voley. Ademais, Marga Caldas lembrou que esta programación tamén inclúe outras iniciativas a maiores, como sesións formativas en este tipo de disciplinas para as crianzas, que tamén terán lugar en Lourido antes do desenvolvemento dos partidos.

“Mantemos a nosa aposta polo deporte durante todo o ano”, incidiu a concelleira nacionalista. Para poder participar nas probas amateur requirirase inscrición previa, a través da páxina web da organización. As infraestruturas deportivas ficarán instaladas xa desde os vindeiros días e ata o 15 de agosto.

 

Go to top