fbpx

O Centro Cultural Xaime Illa, na parroquia de Raxó, acolleu na tarde deste martes o acto principal da programación das Letras Galegas, centrada na figura de Florencio Delgado Gurriarán, e na que, un ano máis, os e as grandes protagonistas foron os gañadores e gañadoras do Certame Literario Xaime Illa Couto. A titular de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), lembrou que “esta é unha edición moi especial, non só por ser a primeira que podemos celebrar na nova normalidade, senón tamén por cumprirse 30 anos deste concurso, no que apostamos por poñer en valor a nosa lingua e que non deixa de medrar, sendo un referente na bisbarra”. Proba diso foron as máis de 170 obras presentadas nas diferentes categorías.

A relación de gañador@s en cada unha das modalidades foi a seguinte:

DE 6 A 8 ANOS:

 Poesía: Amanda Ríos (Raxó)
 Relato: Irene Rey (San Xoán)

DE 9 A 11 ANOS:

 Poesía: Roi Alves (Samieira)
 Relato: Juan Pedro Ruano (Samieira)

DE 12 A 13 ANOS:

Poesía: José Miguel Silva (San Xoán)

DE 14 A 15 ANOS:

 Poesía: Laura Isabel Casalderrey (San Xoán)

DE 16 A 17 ANOS:

Relato: Claudia Alonso (San Salvador)

DE 18 ANOS EN DIANTE:

 Poesía: Breogán Torres (Suecia)
 Relato: Raquel Fernández (Gondomar)

VER GALERÍA DE FOTOS

Nas catro primeiras categorías os premios foron de 70 euros para os gañadores e gañadoras, mentres que na de 16 e 17 foron de 90. En adultos déronse 300 euros para cada un dos gañadores. Ademais, tamén se lles entregou, de mans de representantes dos colectivos que forman parte do Consello Municipal de Cultura e de Raquel Rodríguez, un lote de libros como agasallo.

O acto contou coa participación de Bea Campos. A actriz e narradora foi a encarga de presentar o evento e tamén ofreceu á audiencia unhas narracións, coa súa experiencia co galego como protagonista, que fixeron as delicias dos e das asistentes. A cita pechouse cunha actuación a cargo da Escola de Música Tradicional de Poio, que interpretou o himno de Galicia.

Raquel Rodríguez tamén quixo agradecer a colaboración, un ano máis, da Sociedade Cultural e Deportiva Raxó á hora de impulsar esta programación, así como a implicación para facer realidade este certame literario, "un fío de unión entre a nosa sociedade e a nosa lingua".

 

Go to top