O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto do que este ano se celebra o trinta aniversario, coincidindo ademais co dez anos do pasamento de D. Xaime Illa Couto. O concurso rexerase polas senguintes bases:
>> VER BASES | DESCARGAR BASES
1) Ámbito xeográfico:
-
Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nun centro educativo deste concello.
-
De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfitca sempre que se cumpran as demais normas do concurso.
2) Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.
3) Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.
4) O tema será libre.
5) Os traballos deberán ser escritos en lingua galega.
6) As modalidades do concurso serán dúas:
-
Relato curto ou conto.
-
Poesía.
7) A extensión dos traballos será como máximo de tres folios por unha soa cara (para relato curto ou conto) e dun folio por unha soa cara (para poesía).
Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.
8) Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros:
- a) Concello de Poio: no servizo de Cultura ou por correo certificado (Praza do Mosteiro 1, 36995, San Xoán de Poio)
- b) Centros educativos de Poio: CEIP Viñas, CEIP Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Chancelas, CEIP Espedregada e no IES de Poio.
- c) Locais das Asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura: S.C.D. de Raxó; S.C.D. de Samieira; Ateneo Corredoira de Combarro; Asociación Boureante da Seara; Asociación Vides Novas de San Salvador.
9) Entregaranse dous sobres pechados:
-
No interior do SOBRE 1 incluirase o traballo a presentar.
-
No interior do SOBRE 2 incluiranse os datos persoais do participante (nome, idade, enderezo, teléfono, así como curso e centro de ser o caso).
No exterior de ambos os dous sobres deberá constar a idade, modalidade, categoría e título do traballo (ver punto 12 destas bases).
10) O xurado estará formado por unha representación elixida para o efecto polo Consello Municipal de Cultura. O xurado determinará a necesidade de recorrer ao asesoramento de técnicos/as na materia. A presidencia de honra do xurado permanecerá vacante en lembranza de Don Xaime Illa Couto. O fallo do xurado será inapelable.
11) O Consello Municipal de Cultura resérvase o dereito de publicar e/ou facer o uso que considere oportuno dos traballos presentados.
12) As categorías son as seguintes:
- Categoría A: de 6 a 8 anos*.
- Categoría B: de 9 a 11 anos*.
- Categoría C: de 12 a 13 anos*.
- Categoría D: de 14 a 15 anos.*
- Categoría E : de 16 a 17 anos.*
- Categoría F: de 18 anos* en diante
* Idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
13) Os premios serán os seguintes:
- CATEGORÍAS A, B, C, D: premio de 70 euros (para cada unha destas catro categorías e nas dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
- CATEGORÍA E: premio de 90 euros (para cada unha das dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
- CATEGORÍA F: premio de 300 euros (para cada unha das dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
14) O prazo de entrega dos traballos rematará o mércores 20 de abril ás 14 horas.
15) O xurado fallará os premios o martes 10 de maio ás 20.30 horas.
16) O xurado poderá considerar deserto os premios do grupo F, no caso de que os traballos presentados non acaden unha calidade aceptable.
17) A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o martes 17 de maio de 2022, ás 17.30 horas, no salón de actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).
18) A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.