logo tambo
Idioma: GALEGO  Idioma: ESPAÑOL

Axenda estratéxica para a Illa de Tambo

Descrición
Visor cartográfico
Base de datos
Informes
Novas
Foro
Contacto
banner slider


A illa de Tambo é un referente para toda a ría de Pontevedra. Despois de décadas de transformación e degradación do noso litoral, conserva valores naturais e paisaxísticos cada vez máis escasos na nosa costa. Por iso compre establecer unha estratexia que permita garantir a súa conservación e mellora. Con este obxectivo creouse o presente portal, no que se concentra información sobre a illa e o seu entorno, facilitando o coñecemento e consecuente valoración á par que garantindo que os procesos de decisión sexan axeitadamente informados e documentados. Este é un labor de todos. Alcanzar as nosas metas depende do acerto na estratexia e para iso precísase da participación cidadá, ben participando nos foros presenciais ou virtuais que se convoquen, ben colaborando con nova información de interese.

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra (http://www.galpriadepontevedra.org/) activou este proxecto que promove o Concello de Poio (www.concellopoio.gal). Grupos de Acción Costeira é un programa europeo desenvolvido pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que ten como finalidade a implementación dunha estratexia de abaixo cara arriba para o desenvolvemento do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca sobre desenvolvemento sustentable das zonas de pesca. O fin é avanzar cara á consecución dos obxectivos do Tratado da Unión Europea en materia de desenvolvemento sostible e de integración do medio natural en todas as demais políticas comunitarias aplicadas nas zonas costeiras.

Con este proxecto trátase de chegar a redactar, a través do eixo de actuación “Conservación do medio mariño e da xestión integrada do litoral terrestre e mariño”, unha proposta de Plan de Usos para a Illa de Tambo que poida servir de base para redactar un Plan Especial no marco xeral do PXOM ou outro documento de xestión de usos que sirva de referencia para a xestión da Illa. Preténdese redactar un documento coa participación da cidadanía e dos sectores e axentes públicos e privados concernidos nela.