Un total de 141 nadadores (13 mulleres e 128 homes), 131 españois e 10 estranxeiros, con idades comprendidas entre os 21 e 66 anos de 14 Comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Andalucía, País Vasco, Navarra, Cantabria, Estremadura, Madrid, Castela-A Mancha, Canarias, Aragón, Valencia, Cataluña e Castela-León), Portugal, Andorra, Francia e Italia participarán o próximo 7 de setembro na terceira travesía a nado da terceira edición da Tripla Coroa Illas Atlánticas, unha das travesías a nado máis duras e esixentes de España, e a proba de natación de ultrafondo con maior participación a nivel nacional. Un total de 10 nadadores participarán na categoría sen neopreno.

Scroll al inicio