“O alcalde, máis preto de ti” é un programa de participación cidadá que pretende achegar a administración local e a atención aos veciños de todas as parroquias.

Busca fomentar o contacto directo coa veciñanza, trasladando a Alcaldía desde San Xoán a San Salvador, Campelo, Combarro, Samieira e Raxó.

Como mínimo unha vez ao mes Ángel Moldes desprazarase a espazos municipais en todas as parroquias. 

  • Pazo Besada, San Salvador. Mércores, 7 de maio.
  • Espazo Municipal de Campelo. Mércores, 14 de maio.
  • Casa do Campo, Combarro. Mércores, 21 de maio.
  • Centro Cultural Xaime Illa, Raxó. Luns, 26 de maio.
  • Espazo Municipal de Tarrío, en Samieira, Xoves, 29 de maio.

Son reunións individuais para as que non é preciso solicitar cita previa. 

O teu alcalde, máis preto de ti

Scroll al inicio