REUNIÓN INFORMATIVA PO-308 A BARCA-FERREIRÓS

O Concello de Poio convoca á veciñanza a unha reunión informativa o próximo mércores, 18 de decembro, na que os técnicos explicarán aos asistentes o proxecto da PO-308, entre a Barca e o Casal de Ferreirós.

O obxectivo, segundo explica o alcalde, Ángel Moldes, é que todas as persoas interesadas e que residen neste lugar coñezan polo miúdo un proxecto que vai transformar unha das entradas ao municipio, mellorando a seguridade e os servizos da veciñanza.

Reunión informativa proxecto PO-308 A Barca-Ferreirós

Scroll al inicio