Unha das principais citas dos amantes da gaita galega e da música tradicional cos mellores intérpretes do país, que organiza a Asociación Cultural Pai da Cana coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea, e do Concello de Poio.

Quere consolidarse como un lugar de encontro, difusión e convivencia dos músicos tradicionais, dos artesáns e dos investigadores entre si e co público.

Este evento reúne a algúns dos máis importantes gaiteiros e gaiteiras das catro provincias galegas con estilos e linguaxes ben diferenciadas, creando así un espazo destinado á posta en valor da gaita, dos gaiteiros e da nosa música tradicional dirixida a todas as persoas sensibles á nosa cultura, non necesariamente especialistas, que permite amosar as diferentes técnicas interpretativas, así como as posibilidades e riqueza a través das distintos xeitos de abordar o instrumento.

Scroll al inicio