I Open de Pickleball Concello de Poio, organizado polo Club de Tenis de Raxó e coa colaboración do Concello de Poio e da SCD Raxó.

Xogarase nas categorías individual e dobres, nos dous casos masculino e feminino.

A competición desenvolverase en catro pistas e dúas zonas de adestramento. Os partidos nas categorías individuais xogaranse desde as 10.00 horas, e os dobres en horario de tarde, desde as 17.00 horas. A clausura do I Open de Pickleball será aproximadamente ás 20.30 horas.

Scroll al inicio