MAIOS 2025
- Xoves, 1 de maio
- 11.00 horas
- Praza do Mosteiro
A Festa dos Maios é unha das celebracións populares con máis tradición en Poio, de feito nos últimos anos a calidade das composicións van en aumento. A praza do Mosteiro de San Xoán énchese o 1 de maio pola mañá de vexetación, cor e música para celebrar esta festa ancestral que dá a benvida á primavera. E xa pola tarde, trasládanse á Praza da Chousa, en Combarro.
Nesta edición homenaxearase a Antonio Buceta González “Tucho”, veciño de Liñares, pola súa contribución, nas últimas décadas a recuperar, difundir, conservar e expandir a tradición dos maios dentro e fóra do municipio. Así o valoraron tanto o Concello de Poio como os diferentes colectivos, que poñen en valor a traxectoria de Tucho, que non só foi unha das persoas que impulsaron a recuperación desta tradición en Poio a principio dos anos 80, senón que ademais colaborou con diferentes colectivos do municipio, apostando sempre pola calidade das letras das coplas e respectando as características e composicións tradicionais dos maios.
