As familias numerosas de Poio xa poden solicitar esta bonificación ata o 31 de marzo, ben a través do rexistro municipal ou da sede electrónica.

 

Xunto coa solicitude, deben aportar o título de familia numerosa vixente a 1 de xaneiro do exercicio no que debe surtir efectos a bonificación, certificado ou volante de empadroamento, declaración do IRPF dos integrantes da familia ou ben autorización á administración tributaria do Concello para acadar eses datos da Axencia Tributaria.

 

Estas bonificacións, como mínimo, reducirán o 40% dos recibos das familias, unha porcentaxe de bonificación que se irá incrementando nun 10 por cento por cada fillo adicional da unidade familiar.

 

Para ser beneficiarios a renda da unidade familiar dividida polos membros da mesma non poderá superar o dobre do indicador público de renda de efectos multiples (IPREM) vixente referido a 12 pagas.

Scroll al inicio