O Concello de Poio presenta a programación do Entroido 2026, unha proposta variada, participativa e pensada para todas as idades, que se desenvolverá durante preto dun mes nas distintas parroquias do municipio.

 

A programación dará comezo o domingo 15 en Campelo, cun desfile en horario de mañá que contará coa participación de comparsas e grupos procedentes de distintos puntos de Galicia, ademais das formacións locais. Ao longo das semanas celebraranse desfiles, festas familiares, bailes e enterros tradicionais, como o mexillón de Combarro, o berberecho de Lourido, o galo bruxo de Samieira e a galiña de Vilariño.

 

Entre as citas destacadas atópanse a Pasarela de Entroido, que celebrará a súa terceira edición o venres 27 de febreiro na Seca, e o Enterro do Galo Fodorico, que terá lugar o sábado 28 de febreiro na Praza do Mosteiro, seguido da tradicional Festa Choqueira.

 

O Entroido de Poio 2026 encherá as rúas do municipio de cor, música e animación, convidando tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a participar e gozar desta festa tan nosa.

Entroido Poio 2026

Scroll al inicio